Accesibilidade
O Concello de Vigo comprometeuse a facer accesible os seus sitios web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.A presente declaración de accesibilidade aplícase ao portal: datos.vigo.org
Situación de cumprimento
Os portais do concello deseñáronse adaptándose aos estándares e normativas vixentes en relación coa accesibilidade e a usabilidade, e revísanse polo menos de forma semestral para mantelos actualizados. Non entanto, é posible que atope algún contido que non se adapte ao 100% a estes estándares.
Os sitios webs do concello son parcialmente conformes co RD 1112/2018 debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.
Contido non accesible
O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:
- Falta de conformidade co RD 1112/2018
- Nos portais puidesen existir contidos noutros idiomas nos que non está etiquetaxe correctamente o cambio de idioma
- Nalgúns contidos podería detectarse certa falta de contraste
- Nalgunhas páxinas poderían identificarse problemas na xeración do html (ex. listas incorrectamente formadas, táboas que non cumpren por completo a normativa de accesibilidade, textos de ligazóns demasiado longos e iframes sen a información necesaria)
- Carga desproporcionada
- Non aplica
- Contido que non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable
- Poderían existir documentos en PDF ou outros formatos ofimáticos e contidos multimedia que non cumpran na súa totalidade os requisitos de accesibilidade esixidos.
Preparación da presente declaración de accesibilidade
A presente declaración de accesibilidade foi preparada o 8 de xaneiro de 2020.
O método empregado para a presente declaración foi unha autoevaluación realizada polo propio Concello baseada nos informes xerados polo Observatorio de Accesibilidade.
Última revisión da declaración: na data indicada.
Observacións e datos de contacto
Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a de o RD 1112/2018) por exemplo:
- informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web
- transmitir outras dificultades de acceso ao contido
- formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web
a través do formulario de contacto deste sitio web.
As comunicacións serán recibidas e tratadas polo Servizo de Administración Electrónica do Concello de Vigo.
Procedemento de aplicación
O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do RD 1112/2018 entrará en vigor o 20 de setembro de 2020.
Contido opcional
Estes sitios web:
- Deseñáronse adaptándose aos estándares e normativas vixentes en relación á accesibilidade, cumprindo cos puntos de verificación de prioridade 2 (AA) definidos na especificación de Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web (WCAG 2.1)
- Cumpren cos requisitos da Norma UNE-EN 301549 v1.1.2:2015 considerando as excepcións do Real Decreto 1112/2018
- Están deseñados para a súa correcta visualización en dispositivos de escritorio, tablets e móbiles para unha resolución mínima de 1280×1024.
- Están implementados utilizando HTML5 como linguaxe de marcado e follas de estilo CSS 3 para o seu deseño. Verificouse a accesibilidade mediante a ferramenta de validación do código HTML, sendo o resultado desta análise positiva
- Están deseñado para o seu uso con javascript non intrusivo ofrecendo, no caso de que o seu navegador non o soporte, a súa correspondente alternativa non javascript
- No caso de que o usuario acceda ao portal a través dun navegador que non soporte follas de estilo, o marcado estrutural permite a correcta visualización de todos os contidos. Se se selecciona a opción sen estilo, visualizaranse as páxinas sen ningún tipo de formato visual
Hai que ter en conta que para realizar operacións con sinatura electrónica o navegador debe utilizar javascript e os compoñentes clientes de sinatura electrónica necesarios.