Menu Close

App móbil “Vigo”

O Concello de Vigo está inmerso nun proceso de mellora continua dos servizos e da calidade de vida da cidadanía, baixo esta directiva creou unha app móbil global de cidade chamada “Vigo” dentro do seu proxecto de Smart City, Modernización e Innovación.

A app Vigo é un proxecto de I+D municipal, desenvolvido integramente por persoal municipal do servizo de administración electrónica, sobre a plataforma smart city municipal VCI+ (Vigo Cidade Intelixente) gañadora do premio Galicia 2015.

A app Vigo nace como unha das app cidade máis completas dunha smart city española.

Moitas das grandes cidades de España seguiron o modelo de crear decenas de apps móbiles cidade segmentando cada servizo da cidade nunha app. Este sistema era algo pouco eficiente e sostible para a súa administración, e moi complexo para a cidadanía. “Vigo” é una app global cidade que centraliza os principais servizos da cidade.

A app “Vigo” preséntase como un novo canle directo de comunicación coa cidadanía enriquecido co uso das novas ferramentas que ofrecen os teléfonos móbiles (información orientada a localización do usuario, uso de SMS, envío de notificacións automatizadas á cidadanía, captura de fotos desde a cámara, …)

A app ten información de máis de 5.000 elementos cidade (centros e instalacións, elementos turísticos, servizos de tráfico e transporte, recursos cidade, rueiro, …), con acceso a datos en tempo real (como o estado do tráfico, as cámaras, prazas libres en parkings, próximas chegadas de autobuses ou a temperatura en distintos puntos da cidade), e a datos actualizados diariamente como as noticias, avisos, axenda, convocatorias,…

A app Vigo crea un canal directo e bidireccional coa cidadanía. Permite ao usuario subscribirse a notificacións para recibir avisos diarios no móbil sobre as últimas noticias municipais, cortes de tráfico, eventos culturais, avisos xerais e de transporte, ofertas de emprego e subvencións.

Tamén permite facer que a cidadanía participe de forma directa na mellora da cidade facilitando mandar avisos sobre o estado dos servizos municipais, a cidade ou plantexar ideas de mellora.

Descargar a aplicación

Ver en Google Play

Logo Google Play
A partir de Android 5 ou superior.

Ver en App Store

Logo Apple
A partir de IOS 9 ou superior