Condicións de uso dos datos do portal
Introdución
A Norma UNE 178301:2015 de “Datos Abertos (Open Data). Cidades Intelixentes” establece que os datos abertos e a reutilización da información do sector público constitúen dous aspectos esenciais no camiño cara ás Cidades Intelixentes e ao Goberno Aberto.
A información que as Administracións Públicas xeran, recompilan e custodian constitúe un activo importante e de alto valor engadido para a creación de novos e máis innovadores produtos e servizos que contribuirán ao desenvolvemento dunha sociedade máis avanzada e que nos abre a porta a todo un abanico de posibilidades de crecemento económico e social, onde a apertura destes datos e a posta a disposición para a súa reutilización é imprescindible para dar resposta ás novas demandas da sociedade.
Esta apertura da información constitúe á súa vez un alicerce fundamental nas iniciativas de goberno aberto baseado na transparencia das políticas públicas e no fomento dunha democracia moito máis activa e participativa que, no noso ordenamento xurídico, é un feito que se viu materializado na Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
A Unión Europea, así mesmo, aposta polo impulso dos datos abertos e o fomento da súa reutilización nos Estados Membros, coa publicación da Directiva 2013/37/UE do Parlamento Europeo e do Consello, de 26 de xuño de 2013, pola que se modifica a Directiva 2003/98/CE relativa á reutilización da información do sector público.
Estas directivas comunitarias foron traspostas ao noso ordenamento xurídico, a Directiva 2003/98/CE a través da Lei 37/2007, de 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público e, posteriormente, a Directiva 2013/37/UE pola Lei 18/2015, de 9 de xullo, pola que se modifica a Lei 37/2007, de 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público.
Así, o ordenamento xurídico español contempla dúas leis para regular a novo paradigma de goberno aberto. Isto débese a que cada unha delas ten unha finalidade distinta e, en consecuencia, requiren que a información se presente de forma diferente, aínda que en ambos os casos proceda da mesma fonte de datos. En concreto, a Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, ten como finalidade que a cidadanía poida fiscalizar o labor das entidades públicas do noso país, polo que a información debe presentarse da forma máis comprensible para a cidadanía; por outra banda, a Lei 37/2007, de 16 de novembro, ten como finalidade que a sociedade civil poida achegar valor aos servizos públicos e que, ademais, poida ofrecerse mediante fórmulas mercantís que colaboren ao crecemento do sector infomediario, polo que, neste contexto, a información debe presentarse de forma que se facilite a súa reutilización automática por parte dos sistemas que ofrecen devandito valor engadido.
As Condicións de uso dos conxuntos de datos provistos polo Concello de Vigo ampáranse na normativa vixente respecto deste tema: Lei 37/2007, de 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público, que traspón a Directiva 2003/98/CE do Parlamento Europeo e do Consello e a Lei 18/2015, de 9 de xullo, pola que se modifica a Lei 37/2007, de 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público.
Usuarios do servizo
Considérase usuario do servizo de Datos Abertos (Open Data) do Concello de Vigo á persoa ou entidade que utilice, reproduza, modifique ou distribúa os conxuntos de datos que se ofrecen no servizo Open Data do Concello de Vigo tanto de forma directa como a través de aplicacións ou servizos.
Considérase axente reutilizador a calquera persoa, física o xurídica que reutilice, en calquera forma, información do sector público.
Licenza aplicable á reutilización dos datos
A utilización dos datos e os servizos provistos neste portal presupón a aceptación destas condiciones de uso. O feito de aceptalas non supón a concesión ao usuario dos dereitos de autor nin da propiedade intelectual sobre os conxuntos de datos utilizados.
En todos os conxuntos de datos que se ofrecen no servizo Open Data do Concello de Vigo indícase que Condicións de uso teñen.
De forma xeral e de acordo co artigo 8 da Lei 37/2007, a reutilización da información contida nos conxuntos de datos está sometida ás condicións seguintes:
-
O contido da información non debe ser alterado.
-
Non se desnaturalizará o sentido da información.
-
Débese citar a fonte.
-
Débese mencionar a data dispoñible da última actualización.
-
Cando a información conteña datos de carácter persoal, a finalidade ou finalidades concretas para as que é posible a reutilización futura dos datos.
-
Cando a información, aínda sendo facilitada de forma disociada, contivese elementos suficientes que puidesen permitir a identificación dos interesados no proceso de reutilización, a prohibición de reverter o procedemento de disociación mediante a adición de novos datos obtidos doutras fontes.
A maioría de conxuntos de datos publícanse baixo os termos da licenza Creative Commons – Attribution (CC-BY 4.0). Está licenza está amparada na opción prevista no artigo 4.2.b) da Lei de Reutilización, que literalmente di que “a reutilización de documentos con suxeición a condicións sometidas a licencias-tipo.”
Esta licenza permite que se poida:
-
Copiar, distribuír e divulgar publicamente.
-
Modificar, transformar e adaptar.
-
Servir de base para obras derivadas como resultado da súa análise ou estudo.
-
Ser utilizadas con fins comerciais ou non comerciais, sempre que este uso non constitúa unha actividade administrativa pública.
Á súa vez esta licenza obriga a:
-
Mencionar a autoría do Concello de Vigo nos termos establecidos máis adiante.
Con todo, no caso de tipo de datos nos que hai participación de terceiros, a reutilización se ofrece a través da licenza Creative Commons . Atribución-NoComercial-SinDerivadas 4.0 Internacional (CC BY-NC-ND 4.0), que permite reproducir e Compartir o Material Licenciado, na súa totalidade ou en parte, soamente para fines non comerciais; así como producir e reproducir, pero non compartir material adaptado, para fines non comerciais.
A reutilización dos conxuntos de datos postos a disposición da cidadanía polo Concello de Vigo estará suxeita estrictamente aos términos e condicións vixentes en cada momento, que serán obxecto de difusión a través do apartado “aviso legal”. A reutilización de datos realizarase dando pleno cumprimento ás condicións xeráis da licenza aplicable en cada caso, que se poderán consultar desde un link que estará en todo momento visible no Portal Open Data, dentro do apartado “Aviso legal”. Así mesmo, o Concello de Vigo poderá en todo momento engadir condicións de uso adicionais ás xenéricas aplicables á Licencia Creative Commons, así como modificar o contido das existentes con anterioridade. A modificación das condicións aplicables ás licencias terá pleno valor dende o momento da súa publicación no apartado Aviso Legal do Portal de Datos Abertos.
O Concello de Vigo resérvase o dereito de publicar conxuntos de datos baixo outras condicións específicas de reutilización, como a posibilidade de xerar o pago de contraprestacións económicas, de acordo co previsto no artigo 7 da Lei 37/2007, co fin de cubrir os custos asociados á recollida, produción, reprodución e difusión dos conxuntos de datos.
Nos casos nos que sexa obrigado recoñecer a autoría e mencionar o Concello de Vigo como a fonte dos conxuntos de datos, hai que facelo da maneira seguinte: “Fonte dos datos: Concello de Vigo”.
Se se inclúe esta citación en formato HTML, pódese utilizar a marcaxe seguinte:
Fonte dos datos: <a href = “https://datos.vigo.org” title = “Open Data Vigo”> Concello de Vigo </ a ..>
Toda modificación ou transformación levada a cabo sobre os conxuntos de datos que publica o Concello de Vigo será identificada como tal no momento de distribuílos.
Ínstase ao usuario a pór en coñecemento do Concello de Vigo todos os proxectos relacionados ou derivados do uso dos conxuntos de datos, de maneira que sexan expostos de maneira pública coa finalidade de estimular as políticas de reutilización de información do sector público.
Así mesmo, o Concello de Vigo pode requirir ao usuario datos estatísticos relativos aos produtos ou servizos xerados a partir da información reutilizada, co fin de coñecer o uso real da reutilización da información e para mellorar o catálogo dos datos dispoñibles.
En canto aos contidos publicados no portal de Open Data do Concello de Vigo como noticias ou contidos adicionais, estes libéranse baixo unha licenza de cultura libre, Creative Commons – Attribution (CC-BY 4.0), quedando excluídos todos os contidos gráficos como imaxes, iconas e logos.
Non se autoriza en ningún caso o uso de logotipos, marcas, escudos e símbolos distintivos do Concello de Vigo en publicacións e webs que non sexan participadas ou patrocinadas por esta institución. Estes elementos de identidade gráfica corporativa son propiedade exclusiva do Concello de Vigo e están protexidos pola lexislación vixente aplicable
Garantía e responsabilidade sobre os conxuntos de datos
O Concello de Vigo ofrece os conxuntos de datos dispoñibles tal como constan nos seus arquivos e, a pesar dos esforzos por xestionar de maneira adecuada os conxuntos de datos, non pode asegurar a integridade, a actualización, a precisión ou o acceso continuo a estes conxuntos de datos, e non ofrece ningunha garantía neste sentido.
O Concello de Vigo pode, en calquera momento, engadir, eliminar ou modificar os conxuntos de datos publicados ou estas Condicións de uso. A última versión publicarase na páxina web https://datos.vigo.org. Calquera cambio que leve a cabo será efectivo desde o momento da súa publicación, a menos que se notifique o contrario.
Tanto o Concello de Vigo como calquera dos seus organismos, entidades ou axentes, non se fan responsables dos danos ou perdas que, de maneira directa ou indirecta, tamén os que comportan prexuízos económicos, materiais ou sobre datos, provoque ou poida provocar o uso dos conxuntos de datos.
Responsabilidade do usuario ou axente da reutilización
O usuario atópase sometido á Lei 37/2007, de 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público, especialmente ao seu réxime sancionador, así como a toda a normativa que afecte o uso da información, como o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, Regulamento Xeral de Protección de Datos ou RXPD e o Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, polo cal se aproba o Texto refundido da Lei de propiedade intelectual, así como ás disposicións de carácter xeral previstas nas Leis 39/2015 e 40/2015, ambas do 1 de outubro de 2015.
Se como resultado do incumprimento dos termos de uso expostos neste documento ou os termos da licenza baixo a cal se publican os conxuntos de datos, o Concello de Vigo ou algún dos seus organismos, entidades, empresas ou axentes, fora obxecto de accións legais ou fora sancionado economicamente, o usuario responderá ante o Concello de Vigo, ou ante os seus organismos, entidades, empresas ou axentes, de todos os gastos, mesmo procesuais, sancións ou indemnizacións que poidan declararse, e deixaraos totalmente indemnes.
Deste xeito, o usuario acepta indemnizar, así como eximir ao Concello de Vigo e todos os seus organismos, entidades, empresas ou axentes, de calquera responsabilidade en que poidan incorrer por mor das reclamacións que se poidan orixinar polo incumprimento destas Condicións de uso ou polo uso, reprodución, modificación ou distribución da información.
O Concello de Vigo, por outra banda, resérvase o dereito de tomar as medidas legais correspondentes para velar os seus intereses, sen que iso supoña renunciar á responsabilidade e indemnización por parte do usuario.
Outras restricións legais
Non está permitida a reutilización de ningún conxunto de datos para finalidades ilícitas ou que atenten contra os principios de persoas, entidades ou da actuación administrativa pública.
O Concello de Vigo, por conta propia, pode denegar ou suspender o acceso aos conxuntos de datos sen previo aviso a calquera persoa que, segundo o seu criterio unilateral, considere que está a incumprir estas Condicións de uso, a legalidade vixente ou utilice, reproduza, modifique ou distribúa os conxuntos de datos dunha maneira prexudicial ou inconveniente.
Esta denegación ou suspensión non terá efecto sobre aquelas persoas ou entidades que, de boa fe, recibisen os conxuntos de datos a través da persoa ou entidade obxecto da cancelación ou suspensión e que, doutra forma, estean a cumprir estas Condicións de uso.
O usuario non pode indicar, insinuar ou suxerir ao usuario final, por ningún medio, a participación ou apoio por parte do Concello de Vigo, ou os seus organismos, entidades, empresas ou axentes, na actividade de quen utiliza a información ou o conxunto de datos.
Medidas de protección ante uso abusivo ou robotizado.
O Concello de Vigo resérvase o dereito a realizar cambios técnicos no seu portal web e servizos, sen previo aviso, co obxecto de preservar a súa dispoñibilidade ante eventuais usos abusivos ou robotizados de acceso.