O Concello de Vigo e a Innovación
O Concello de Vigo é un actor fundamental no ecosistema de innovación da cidade, tanto na promoción da innovación, como en crear o clima axeitado na cidade e a súa contorna que sirva de tractor para atraer e favorecer a innovación na cidade.
Ten unha aposta decida pola innovación e modernización da cidade, tanto para mellorar a calidade de vida da súa cidadanía, como para ofrecer uns servizos e infraestruturas eficientes, sustentables e con visión de futuro.
En setembro de 2014 o alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou no “V Congreso Internacional en Goberno, Administración e Políticas Públicas”, celebrado en Madrid no INAP, o plan de innovación de cidade “Vigo Smart City”. Meses despois, en novembro de 2014, o Concello de Vigo presentou no congreso “Smart Cities & Communities”, promovido polo propio concello, a plataforma VCI+ (Vigo Cidade Intelixente) de I+D propio.
En 2015, o concello foi galardoado co Premio Smart City 2015, da Fundación Sociedade da Información, recoñecendo o esforzo integral do proxecto “Vigo Smart City” onde se pon en valor os numerosos proxectos innovadores da cidade como, entre outros:
-
‘Plataforma Vigo Cidade Intelixente (VCI+)’, gañadora do premio Galicia 2015, que mellora de forma integral a xestión e eficiencia municipal e que ademais ofrecerá novos e innovadores servizos a través de Apps á cidadanía, empresas e emprendedores.
-
Proxectos de Mobilidade intelixente:
-
1) ‘Proxecto europeo Compass4D’ con despregamento de comunicacións cooperativas entre vehículos e a vía.
-
2) ‘Proxecto europeo Co-gisticts‘ primeiro proxecto europeo plenamente dedicada á implementación de sistemas de transporte intelixentes cooperativos (C-ITS) aplicados á loxística.
-
3) ‘Proxecto europeo Co2Perautos2’ desenvolve novos servizos baseados en comunicacións cooperativas V2I.
-
4) ‘Proxecto Información de tráfico en tempo real mediante Bluetooth’ que sitúa a Vigo entre as cidades punteiras en tecnoloxías ITS (Intelligent Transport Systems).
-
5) ‘Plan de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS)’ como plan integral de mellora da mobilidade urbana.
-
-
O ‘Plan de aforro e eficiencia enerxética‘ xunto cos proxectos europeos Life Green City e GreenPlay e o impulso de enerxías renovables (eólica e solar) que conseguiron importantes aforros de enerxía.
-
‘Fomento do Coche eléctrico‘: Vigo foi a cidade elixida para 3 proxectos europeos de mobilidade sustentable e coche eléctrico. O concello de Vigo foi líder do proxecto SUM proyect, participa no proxecto Mobi.Europe e realizou numeras actuacións para impulsar o vehículo eléctrico.
-
‘Plan director de Humanizacións‘ que fixo de Vigo unha cidade máis habitable, moderna e accesible, fomentando a mobilidade peonil e mellorando a calidade de vida da cidadanía.
-
‘Plan de Modernización de Administración Electrónica‘ que levou a Vigo a ser unha cidade referente en Servizos electrónicos á cidadanía.
-
Aforro e xestión eficiente da auga: grazas ao proxecto de Automatización e telegestión do abastecemento, implantación de rega intelixente, xestión de baldeos e ao novo sistema de detección de fugas de auga intelixente.
No período 2015-2018, xunto con Francia e Hungría, o concello participa no proxecto europeo “GreenPlay” (“Game to promote energy efficiency actions”) para motivar e apoiar o cambio de comportamento dos cidadáns para lograr una maior eficiencia energética aproveitando o TIC.
En 2017 Vigo inicia o proxecto “AutoPilot” de coche autónomo, en colaboración entre o Concello de Vigo co Grupo PSA e o CTAG. E en 2018 arrinca o proxecto 5G-MOBIX, tamén con participación do concello, que probará diferentes casos de uso que requiren una conectividad de alto rendemento no corredor Vigo-O Porto e vehículos automatizados con 5G.
En 2018, Vigo foi unha das 10 cidades españolas seleccionadas para participar no informe IESE Cities in Motion 2018 (ICIM) que mide a sustentabilidade e calidade de vida de 165 urbes de 80 países a nivel mundial.
O concello está a ampliar a súa plataforma smart city VCI+ á versión 2.0 con tecnoloxía FiWARE. E en 2018 presentou un proxecto de innovación no ámbito de smart buildings, cun orzamento de 5 millóns de euros de subvención de rede.es, con máis de 170 edificios implicados, así como o porto, aeroporto e a estación de tren, co obxectivo de mellorar a calidade de vida da cidadanía a través da innovación.
Seguindo con esta liña de traballo nace a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Vigo Vertical (DUSI), cofinanciada con 18.750.000 euros con fondos FEDER. Esta estratexia asíntase sobre catro Obxectivos Temáticos que pretenden potenciar unha cidade accesible, referente e innovadora:
-
Mellorar o acceso, o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación.
-
Favorecer o paso a unha economía de baixo nivel de emisión de carbono en todos os sectores.
-
Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos.
-
Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera discriminación.
Destaca tamén a candidatura de Vigo de “Illas Cíes Patrimonio da Humanidade” cun gran compoñente de difusión científica e investigación en colaboración con centros científicos como o CSIC e o Instituto Español de Oceanografía de Vigo.