Menu Close

Aviso legal

As condicións xerais que se van expoñer a continuación, así como as condicións particulares aplicables a cada unha das licenzas ás que se suxeitan os conxuntos de datos publicados no Portal de Datos Abertos do Concello de Vigo, vincularán a calquera axente reutilizador polo mero feito de facer uso dos documentos sometidos a elas. A aceptación do presente aviso legal non supón a concesión dos dereitos de autor nin a propiedade intelectual sobre os conxuntos de datos.

Condicións xerais:

  • Que o contido da información, incluíndo os seus metadatos, non sexa alterado.
  • Que non se desnaturalice o sentido da información.
  • Que se cite a fonte.
  • Que se mencione a data da última actualización.
  • No caso de que a información conteña datos de carácter persoal, as finalidades concretas do uso de tales datos.
    • Cando a información, aínda sendo facilitada de forma disociada, contivese elementos suficientes que puidesen permitir a identificación dos interesados no proceso de reutilización, a prohibición de reverter o procedemento de disociación mediante a adición de novos datos obtidos doutras fontes.

LICENZAS:

  • Información relativa á finalidade concreta para a que se concede a reutilización: suxeición ao carácter comercial ou non comercial, que permita a licenza en cada caso concreto.

O axente reutilizador queda suxeito ás condicións específicas aplicables á licenza Creative Commons – Attribution (CC-BY 4.0), aos que pode acceder no seguinte enlace: https://creativecommons.org/licenses/by/4.0/legalcode.es

No caso de conxuntos de datos nos que houbera participación de terceiros, serán de aplicación as condicións de uso da licenza Creative Commons – Atribución-NoComercial-SinDerivadas 4.0 Internacional (CC BY-NC-ND 4.0), dispoñibles para a súa consulta en: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/legalcode.es

Prohíbese a reutilización de ningún conxunto de datos para finalidades ilícitas ou que atenten contra os principios de persoas, entidades ou da actuación administrativa pública.

  • Duración da licenza. As licenzas terán vixencia namentres non conste a súa revogación ou modificación no Portal de Datos Abertos do Concello de Vigo. A revogación ou modificación das licenzas producirá efecto dende o momento en que sexa obxecto de publicación ou difusión pública no Portal Open Data.
  • Recoñecemento da autoría. O beneficiario dos datos postos a disposición polo Concello obrígase a: mencionar a autoría do Concello de Vigo, para o que se insta que o usuario poña en coñecemento do Concello todos os proxectos derivados ou que utilicen a información de datos abertos; estando suxeito ademais á posibilidade de que o Concello lle requira información a efectos estadísticos dos recursos empregados.

Nos casos nos que sexa obrigado recoñecer a autoría e mencionar o Concello de Vigo como a fonte dos conxuntos de datos, hai que facelo da maneira seguinte: “Fonte dos datos: Concello de Vigo”.

Se se inclúe esta citación en formato HTML, pódese utilizar a marcaxe seguinte:

Fonte dos datos: <a href = “https://datos.vigo.org” title = “Open Data Vigo”> Concello de Vigo </ a>

Non obstante, non se autoriza ao usuario, en ningún caso, á utilización de logotipos, marcas, escudos e símbolos distintivos do Concello de Vigo, propiedade exclusiva desta institución e protexidos conforme ao Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de propiedade intelectual. Ademais, o beneficiario dos datos queda suxeito ao réxime disciplinario previsto no artigo 11 da Lei 37/2007 e, en consecuencia, ás infraccións e sancións previstas no mesmo e nas disposicións regulamentarias que nun futuro poidan ditarse en desenvolvemento desta lei. Finalmente, deberá indicar calquera modificación que realice nos datos obtidos a través do Portal de Datos Abertos do Concello no momento en que se leve a cabo.

  • Obrigas da Administración concedente. O Concello de Vigo poñerá a disposición do conxunto da sociedade unha serie de datos e indicadores para o seu libre uso, de conformidade coas condicións previstas nas licenzas, a través do portal de acceso: https://datos.vigo.org.
  • Responsabilidades de uso. O Concello de Vigo comprométese a poñer os datos a disposición da sociedade a través do Portal de datos abertos para a súa reutilización, mais a pesar dos seus esforzos continuos por xestionar de forma adecuada os conxuntos de datos, non pode asegurar a integridade, a actualización, a precisión ou o acceso continuo aos mesmos, nin ofrece ningunha garantía ao respecto.

O Concello non responderá en ningún caso dos danos ou perxuízos que de forma directa ou indirecta poida provocar o uso dos datos.

Pola contra, o usuario dos datos abertos queda suxeito, pola aceptación das condicións xerais ás que se someten as licenzas, á responsabilidade civil, penal ou administrativa fronte ao Concello. Particularmente, os usuarios responderán de calquera sanción, gasto procesual, extraprocesual ou de calquera outro tipo que se impoña ao Concello de Vigo como consecuencia do mal uso deses datos. Así mesmo, o Concello ten potestade para exercitar calesquera accións xudiciais, ante calquera orde xurisdicional, derivadas da utilización dos datos abertos difundidos polo mesmo; todo isto desenvolvendo o previsto polo artigo 4.7 da Lei 37/2007.

Os usuarios dos datos publicados no Portal de Datos Abertos do Concello de Vigo, así como as persoas físicas o xurídicas que, de forma directa ou indirecta reutilicen calquera información que sexa propiedade do Concello de Vigo, quedan sometidos ao réxime sancionador previsto no artigo 11 da Lei 37/2007, de 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público, ou norma que a substitúa, desenvolva ou complemente, así como ás disposicións que as Leis 39 e 40 do ano 2015 conteñen sobre esta materia.

O Concello de Vigo ofrece os conxuntos de datos dispoñibles tal como constan nos seus arquivos e, a pesar dos esforzos por xestionar de maneira adecuada os conxuntos de datos, non pode asegurar a integridade, a actualización, a precisión ou o acceso continuo a estes conxuntos de datos, e non ofrece ningunha garantía neste sentido.

O Concello de Vigo pode, en calquera momento, engadir, eliminar ou modificar os conxuntos de datos publicados ou estas Condicións de uso. A última versión publicarase na páxina web https://datos.vigo.org. Calquera cambio que leve a cabo será efectivo desde o momento da súa publicación, a menos que se notifique o contrario.

Tanto o Concello de Vigo como calquera dos seus organismos, entidades ou axentes, non se fan responsables dos danos ou perdas que, de maneira directa ou indirecta, tamén os que comportan prexuízos económicos, materiais ou sobre datos, provoque ou poida provocar o uso dos conxuntos de datos.

  • Modalidades financeiras. A reutilización dos conxuntos de datos postos a disposición da cidadanía no Portal de datos abertos está suxeito ás modalidades tarifarias previstas no artigo 7 da Lei 37/2007 e 6 da Directiva 2019/1024. Cumprindo esta normativa, prevese que a reutilización da información terá con carácter xeral carácter gratuíto, sen prexuízo de que o Concello se reserve o dereito de publicar conxuntos de datos baixo outras condicións específicas de reutilización e, máis particularmente a posibilidade de esixir prestacións derivadas do uso que teñan por obxecto recuperar os custes en que se incorra para a reproducción, posta a disposición e difusión dos documentos, así como para a anonimización de datos persoais e as medidas axeitadas para protexer información comercial confidencial.
  • Solicitudes de reutilización: Quen desexe formular algunha petición de difusión ou apertura de datos para a súa reutilización farao mediante a presentación dunha solicitude ao afecto a través do Rexistro Xeral do Concello de Vigo, ou en calquera dos modos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 3 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tramitándose as mesmas conforme ao disposto no artigo 10 da Lei 37/2007, de reutilización.