Menu Close

Plataforma VCI+ “Vigo Cidade Intelixente”

O Concello de Vigo está inmerso nun proceso continuo de modernización froito do cal creou a plataforma smart “Vigo Cidade Intelixente (VCI+)”. Esta plataforma centraliza a información cidade e ofrece novos servizos á cidadanía como os servizos de portal de Open Data e a aplicación global cidade “Vigo”.

A Plataforma  VCI+, centraliza a información da Cidade tanto dos datos Internos como externos ofrecendo unha serie de servizos sobre os mesmos así como un framework para desenvolvemento rápido de aplicacións facendo uso dos servizos.

As compoñentes básicos da Plataforma VCI+ seguen a norma UNE 178104:2017. Este modelo establece os elementos que poden compor a plataforma, deixando de lado os aspectos de infraestrutura, de acordo coas seguintes capas: adquisición e interconexión, coñecemento, interoperabilidade, servizos e soporte.

Os compoñentes básicos da plataforma VCI+ representados segundo a estrutura de capas de niveis da norma UNE 178104:2017 son:

Plataforma VCI+

Capa de servizos da plataforma

A plataforma VCI+ permite construír novos servizos avanzados sobre os servizos das capas antes expostas. Entre os servizos avanzados construídos sobre os servizos da VCI+ podemos destacar:

  • Panel de Control Cidade (PCC+) : ferramenta de control global da cidade con capacidade GIS e con acceso a todos os Datos Cidade desde unha única ferramenta para a súa visualización, análise e explotación de forma conxunta.
  • Ferramentas Xestión Cidade : Conxunto de aplicacións móbiles de xestión cidade que axudan ao persoal municipal distribuído pola cidade: Xestores, Policía, Bombeiros, Inspectores, Técnicos,… Acceso en tempo real a datos da cidade, mapas, datos de cada parcela, expedientes, edificios, poboación, tributos,… facilitando o teletraballo.
  • Plataforma Open Data: plataforma Open Data para empresas e emprendedores que permite mellorar e xerar novos negocios. Este portal nútrese de forma automática mediante os procesos definidos no “Broker VCI+”.
  • App Móbil Cidadá “Vigo”: Centraliza nunha única APP móbil municipal toda a información cidade-cidadanía e crea unha nova canle de comunicación. O “Bróker VCI+” xera notificacións automáticas PUSH á cidadanía de forma automática.
  • Portal de Transparencia: O portal oficial de Transparencia de Vigo (transparencia.vigo.org) nútrese integramente do xestor de datos do “Bróker VCI+” e o API Framework Cidade (VFC+)
  • Sede Electrónica: A sede electrónica ofrece servizos de publicación de información a través do “Bróker VCI+” e o API Framework Cidade (VFC+)
  • Portal Municipal vigo.org: A web vigo.org incorporou novos servizos innovadores a través do “Bróker VCI+” e o API Framework Cidade (VFC+). Por exemplo: información en tempo real do estado do tráfico, a axenda de eventos, avisos cidadáns, información meteorolóxica, avisos de tráfico,….

Evolución da plataforma: plataforma VCI+ 2.0

A VCI+ 2.0 é a evolución da plataforma integrando novos servizos, baixo a norma UNE 178104:2017, de adquisición de datos de nodos IoT, servizos de BigData, Complex Event Processing (CEP) e Business Intelligence (BI). Un novo cadro de mando integral con máis de 200 indicadores cidade e soporte a indicadores da norma ISO-37120 (“Desenvolvemento sostible nas cidades. Indicadores para os servizos urbanos e a calidade de vida”)

Plataforma VCI+ 2.0