Protección de datos
O Concello de Vigo está suxeito, ao difundir calquera clase de datasets a través do Portal de datos, ao cumprimento íntegro da normativa reguladora da protección de datos de carácter persoal, constituída polo Regulamento (UE) 2016/679, (Regulamento Xeral de Protección de datos) do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, así como pola Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
A estes efectos, procurárase que os datos publicados no Portal Open data sexan obxecto dun proceso de disociación non reversible e anonimización sempre que sexa posible, de forma previa á súa publicación; de modo que se impida a identificación de persoas a través dos datos publicados.
Quen se considere lesionado no seu dereito á protección de datos de carácter persoal pode contactar co Concello de Vigo a través do seguinte correo electrónico: dpd@vigo.org